NOTICIAS

Xouva en GCIENCIA
  • 01 Mar

XOUVA, UN TURISMO DIFERENTE

"A xouba (ou parrocha, dependendo da zona) é un manxar para moitos comensais, que mesmo a prefiren antes que a sardiña, de maior tamaño. Pequena tamén é a XOUVA 4.90, e iso é o que a fai especial. O enxeñeiro naval Jose Manuel Ballester, o seu deseñador, creou unha embarcación que se move mediante baterías eléctricas e ten un tamaño o suficientemente pequeno para non precisar de carné para manexala".

Así comeza a reportaxe que o portal de divulgación científica referente en Galicia -GCIENCIA- adicou á Xouva 4.90 trala botadura do prototipo. O autor destaca a vocación turística da Xouva, e a búsqueda dun novo modelo de turismo: "a embarcación pretende ser un punto de partida para encamiñar o turismo cara a outros tipos de oferta máis sostible; non queremos ofrecer só sol, praia, festa e rebumbio. Buscamos un público que valore máis a paisaxe, a natureza, o silencio, a calma a tranquilidade e as actividades de observación ornitolóxica ou mariña". 

Podedes ler a reportaxe completa nesta ligazón