A-02VELAS E XOUVA NA TVG
REPORTAXE DA XOUVA 4.90 OPERADA POR A-02VELAS NO TELEXORNAL DA TVG
Enlace ao vídeo oficial da presentación, editado pola Reserva da Biosfera
O pasado luns 29 de marzo a Televisión de Galicia embarcou nunha das nosas Xouva 4.90, a A-02Nudos, o barco da asociación A-02Velas, para navegar polo río Mandeo dende Betanzos ata o pazo de Mariñán.
Trátase tan só dunha pincelada de tódalas rutas que a asociación ofrece nesta zona, co firme obxectivo de dar a coñecer a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dende o río.
Diego López, técnico responsable da Reserva, destacou que parte da oferta desta iniciativa pioneira consiste na maridaxe desta experiencia náutica con productos locais certificados na marca da reserva, o avistamento de aves e diversas actividades tamén en terra.
BARCO ELÉCTRICO E ACCESIBLE
En palabras de Laurent, un dos armadores e patróns xunto coa súa parella Gemma:
“o máis especial deste proxecto é que ninguén quede en terra sen desfrutar da ría, neste catamarán que navega en silencio. O motor non se oe, non cheira, é a gran diferenza cos motores convencionais”.
Pola súa parte, Jose Ballester, fundador e deseñador da Xouva salientou que as dúas características fundamentáis (e fundacionáis) da Xouva 4.90 son a súa propulsión eléctrica e a súa accesibilidade.